miércoles, 27 de octubre de 2010


Este curso somos máis

Nesta nova andadura xa contamos con familias de 1º e 2º de ESO, aínda que un problema co correo postal impediu a asistencia de todas/os. Este era o primeiro contacto e creo non equivocarme se afirmo que o ambiente foi agradable, o grupo novo adaptouse rapidamente a dinámica dos que xa nos coñecíamos e resultou corto o tempo para o debate .

Todos temos algo en común, adolescentes que educar e guiar. Pero, que parte de esa educación corresponde ás familias? Esa foi a pregunta que nos fixemos e a que intentamos dar resposta.

Para centrar o tema e a participación utilizamos un feito real, os incidentes de Pozuelo de Alarcón do ano pasado (vídeos). Analizamos un pouco os feitos a partir destas dúas noticias de prensa publicadas no País e no Mundo, da sentencia xudicial , aparecida no diariodepozuelo e da resposta das familias (vídeo de Iñaki Gabilondo).

Fixémonos preguntas, compartimos,debatemos, e chegamos a unhas conclusións que podedes ver se picades aquí.

Tamén dicir que este curso seguimos contando coa participación de Guadalupe López (Asoc. NERIA), Ali Trillo (Concello Camariñas), Mabel Ulla (orientadora do centro no curso pasado, pero que non nos olvida e sigue acompañándonos), Emilio Roca (profesor e bibliotecario do instituto), Gema Lois (profesora de tecnoloxía e informática) e a que escribe, Silvia Lijó, que intenta coordinar a participación de todas e todos, para que salgan as cousas o mellor posible. Espero conseguilo.

Fotos da sesión

O próximo luns día 8 de novembro “Cine para falar, veremos unha película, "Ponte en mi lugar", nais/pais- filllos/as , e despois …. Xa se verá ata onde chegamos.


jueves, 21 de octubre de 2010

GRUPO DE ENCONTRO E DEBATE
do IES Pedra da Aguia
Durante o curso 2009/2010 se creou un Grupo de Encontro e Debate dirixido ás familias do alumnado de 1º de ESO. Contamos coa colaboración do Concello de Camariñas (Asuntos Sociais), na persoa de Ali Trillo, e da Asociación Neria representada por Guadalupe López.
O Grupo foi coordinado pola profesora do Silvia Lijó e a orientadora do mesmo Mabel Ulla, coa colaboración do bibliotecario do centro Emilio Roca.
Sesións celebradas:
1ª e 2ª
: 30 de novembro e 21 de decembro de 2009
Temática: Que é un adolescente?
Coordinou a sesión Guadalupe López (Asociación NERIA)
3ª: 18 de xaneiro de 2010
Temática: Motivacións para estudar e maneiras de axudar desde a familia.
Coordinou a sesión: Ali Trillo (Concello de Camariñas)
: 22 de febreiro de 2010
Temática: A educación afectivo sexual
Coordinou a sesión: Asociación Quérote
: 8 de marzo de 2010
Temática: Educar en igualdade
Coordinou a sesión: Patricia Vaquero (Concello de Camariñas)
: 12 de abril de 2010
Temática: Os límites e as normas na familia
Coordinou a sesión: Guadalupe López (Asociación NERIA)
: 26 de abril de 2010
Cine para falar. Visualización da película: “Quiero ser como Beckam”
Coordinou a sesión Emilio Roca (Biblioteca IES Pedra da Aguia)
:31 de maio de 2010
Clausura, avaliación e propostas para o seguinte curso.
Coordinaron a sesión: Mabel Ulla e Silvia Lijó (coordinadoras da actividade)