miércoles, 27 de octubre de 2010


Este curso somos máis

Nesta nova andadura xa contamos con familias de 1º e 2º de ESO, aínda que un problema co correo postal impediu a asistencia de todas/os. Este era o primeiro contacto e creo non equivocarme se afirmo que o ambiente foi agradable, o grupo novo adaptouse rapidamente a dinámica dos que xa nos coñecíamos e resultou corto o tempo para o debate .

Todos temos algo en común, adolescentes que educar e guiar. Pero, que parte de esa educación corresponde ás familias? Esa foi a pregunta que nos fixemos e a que intentamos dar resposta.

Para centrar o tema e a participación utilizamos un feito real, os incidentes de Pozuelo de Alarcón do ano pasado (vídeos). Analizamos un pouco os feitos a partir destas dúas noticias de prensa publicadas no País e no Mundo, da sentencia xudicial , aparecida no diariodepozuelo e da resposta das familias (vídeo de Iñaki Gabilondo).

Fixémonos preguntas, compartimos,debatemos, e chegamos a unhas conclusións que podedes ver se picades aquí.

Tamén dicir que este curso seguimos contando coa participación de Guadalupe López (Asoc. NERIA), Ali Trillo (Concello Camariñas), Mabel Ulla (orientadora do centro no curso pasado, pero que non nos olvida e sigue acompañándonos), Emilio Roca (profesor e bibliotecario do instituto), Gema Lois (profesora de tecnoloxía e informática) e a que escribe, Silvia Lijó, que intenta coordinar a participación de todas e todos, para que salgan as cousas o mellor posible. Espero conseguilo.

Fotos da sesión

O próximo luns día 8 de novembro “Cine para falar, veremos unha película, "Ponte en mi lugar", nais/pais- filllos/as , e despois …. Xa se verá ata onde chegamos.


1 comentario: